octubre 24, 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES : APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe celebramos o "Dia das Bibliotecas Escolares" e que mellor comezo que con este anaquiño do pregón de Ledicia Costas,

(...)Alguén  me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu(...)



E para continuar coa celebración pasamos unha mañá moi especial e divertida disfrutando dos contos da nosa biblioteca cos nosos padriños e madriñas lectoras.



octubre 14, 2016

CONTACONTOS EN FAMILIA

Dende a biblioteca non podemos estar máis contentos. Comezamos a nosa andaina e xa contamos cunha familia disposta a agasallarnos cun conto.
Hoxe visitounos Susana, a nai de Pepe de 1º de Ed. Primaria e Lidia a tía de Iciar de 2º .
Así "As orellas de bolboreta" fixéronnos valorar as nosas diferenzas e "Unha chea de familias" achegounos a un edificio cargado de familias moi diferentes e peculiares.
Os nenos e nenas disfrutaron moitísimos coa  súa visita e quixeron agradexcerllelo cun orixinal cadro otoñal elaborado por eles mesmos.
Dende a biblioteca moitísimas grazas a Lidia e Susana.

octubre 13, 2016

CARTA DE DOMINICUS

Hoxe recibimos nas clases unha carta do noso amigo Dominicus, a mascota da biblioteca , na que nos convida a visitar durante toda a semana a nova biblioteca do cole.
Puxémonos todos e todas moi contentos xa que estabamos esperando moi impacientes a apertura da biblio.
 A ver que novas nos trae este curso Dominicus!!!!

octubre 12, 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR : TERRITORIO DAS ARTES

Co cartel diseñado por Minia Regos e co lema deste curso : Biblioteca escolar, territorio das Artes abrimos as portas  da nosa biblioteca un ano máis.
Como  moi ben recolle o blog de Bibliotecas Escolares:
"Biblioteca Escolar, Territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores o interese por achegarse  e apreciar  os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza. o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais ( cine, cómic, fotografía,videocreacións, videoxogos)
Ademais desta fermosísima ilustración o cartel agocha o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares. Poderás velo a través da aplicación Aurasma de Realidade Aumentada.