diciembre 18, 2013

Un Agasallo : un Libro


Velaquí tedes as nosas suxestións para este Nadal. Botádelle unha ollada e animádevos a incluir algún título nas vosas cartas. Se queredes coñecer máis a fondo os libros clicade enriba deles.
Dende a biblioteca do dragón..... BO NADAL e FELIZ ANINOVO.

diciembre 17, 2013

O APALPADOR


SORPRENDIDOS de atoparme aquí?  Ja, Ja, Ja,  máis de un levou un bo susto ó entrar na biblioteca. Eu son o Apalpador e o voso amigo Dominicus invitoume a pasar uns días na vosa biblioteca. Aquí estarei ata o venres disfrutando dos vosos libros e agardando polas vosas cartas. Se queredes coñecer a miña historia aquí vos deixo un video que fixeron no Ceip de Quiroga e aos que lles damos as grazas por compartilo con todos nós.
 Espero que vos guste!!!!!!

diciembre 13, 2013

10 de decembro : Día dos Dereitos Humanos

Durante toda esta semana compartimos a lectura do libro sobre Nelson Mandela  "Mi nombre es..Nelson Mandela". Falamos dos Dereitos Humanos, das desigualdades...Aprendimos palabras novas como Apartheid, e Segracionismo. Recoñecimos a importancia da figura  de Madiba como Premio Nobel da Paz.  E para rematar fixemos  a nosa particular homenaxe con esta recopilación dalgunha das súas frases.
Ademáis colgamos polos corredores do colexio uns orixinais caligramas cos Dereitos Humanos.

diciembre 09, 2013

LECTURA COMPARTIDA : YO SOY...NELSON MANDELA

Dende a nosa biblioteca queremos despedir a Nelson Mandela coa lectura compartida, durante esta semana, da súa biografía.
A raíz da lectura do cartel de despedida que nos fixo Rosana do Ceip de Pazos os nenos e nenas de sexto tamén quixeron recordar a figura de Madiba facendo unha selección das súas frases. Están confeccionando un mural con todas elas,  que logo colgaremos no blog.  Aquí vos deixo  un adianto.
"Se queres facer as paces co teu inimigo, tes que traballar co teu inimigo. Entón el vólvese o teu compañeiro".
"Despois de escalar un grande outeiro, un encóntrase só con que hai moitos máis outeiros que escalar".
"Sempre parece imposible ata que se fai"
"Ninguén nace odiando outra persoa pola cor da súa pel, ou a súa orixe, ou a súa relixión"
"A maior gloria non é nunca caer, senón erguerse sempre"

...
                                                                                                                                                        ... ATA SEMPRE