O CONTO VIAXEIRO
Durante esta semana ímonos convertir en ilustradores!!!!.
Escoitamos todos moi atentos a lenda " A Serea das Illas Mirandas" que os nenos de sexto nos relataron. Despois cada clase ilustraremos unha das súas páxinas e logo faremos un precioso libro conxunto.
Seguro que vai sair moi chulo!!!
abril 24, 2012
abril 23, 2012
23 de abril. Día do libro
Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas , de recendos, de paisaxes...Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir
Abrimos a semana adicada ao Dia de Libro con este pequeno agasallo que Agustín Fernández Paz escribiu para as bibliotecas escolares galegas co gallo desta celebración. Podedes disfrutar do texto completo" Os ríos da vida" no blogue das Bibliotecas Escolares Galegas.
Grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares por compartilo con todos nós.
abril 02, 2012
abril 01, 2012
CLUB DE LECTURA
Dende o proxecto "Coñecernos para querernos" no que estamos a traballar durante este curso, achegamos ao club de lectura a historia de Twala, unha nena saharaui que ven pasar o verán a Galicia, como moitos que nos visitan en Mugardos, e que descobre a súa paixón pola auga.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)