marzo 25, 2010

LUCÍA E CARLA



Estes días a nosa biblioteca está moi animada.
Hoxe Lucía e Carla de 6º léronos o primeiro poema do libro Historias e algún percance todas ditas en romance de Antón Cortizas. O poema trataba sobre o grandísimo problema que ocasionou atopar unha mosca morta nun prato de sopa de langosta e como se solucionou.
A biblioteca, como podedes ver nas fotos, estaba chea, e pasamos todos un bo rato, a pesares dos nervios das nosas contadoras.

Estade atentos porque seguiremos contando e escoitando historias.

marzo 20, 2010

A ESCOLA DAS NOSAS AVOAS

O mércores pasado tivemos con nós a catro das mulleres que participan nos Talleres da Memoria organizados polo Concello de Mugardos. Estiveron contándonos como era a escola cando elas eran pequenas e tamén un pouco como era Mugardos entón. Foron unhas charlas moi interesantes e divertidas, incluso ensináronnos algúns dos xogos que elas xogaban nos recreos. Aquí nas fotos, anque dunha calidade bastante mala, vemos a Manuela Boyo Bastida, Mari Concha Cortizas Martínez, Manuela Domínguez Franco e Loli Vázquez contándonos as súas anécdotas.